Encontre a súa información...

Avaliacións do sistema educativo

INTRODUCIÓN

A avaliación do sistema educativo é un elemento imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados, exercendo unha función de transparencia e de rendemento de contas á sociedade e contribuíndo ao coñecemento do sistema para orientar a toma de decisións das institucións e dos sectores implicados na educación.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, desde a Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, a través do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, organiza, planifica e deseña instrumentos para a realización dos procesos de avaliación do sistema educativo non universitario e coordina o desenvolvemento na comunidade autónoma dos programas nacionais e internacionais de avaliación nos que participe Galicia e as accións de mellora dos centros e servizos educativos. 

AVALIACIÓNS DE ÁMBITO AUTONÓMICO

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE) prevé a realización de avaliacións de diagnóstico por parte das administracións educativas competentes nas cales participen os centros dependentes delas. Estas avaliacións versan sobre a adquisición das competencias básicas do currículo e van dirixidas a todo o alumnado ao finalizar 4.º de educación primaria e 2.º de educación secundaria obrigatoria. Na Comunidade Autónoma de Galicia, realizouse a primeira avaliación de diagnóstico en outubro de 2009 cunha participación de 42.907 alumnos e alumnas pertencentes a 1095 centros educativos.

Informe de resultados da Avaliación de Diagnóstico de Galicia 2012

Informe de resultados da Avaliación de Diagnóstico de Galicia 2011

          Presentación de resultados da avaliación de diagnóstico de Galicia 2009

          Informe de resultados da avaliación de diagnóstico de Galicia 2009

AVALIACIÓNS DE ÁMBITO NACIONAL

AVALIACIÓN XERAL DE DIAGNÓSTICO

A avaliación xeral de diagnóstico (AXD), prevista na Lei orgánica de educación, é unha avaliación de carácter mostral e de ámbito nacional realizada polo Instituto de Avaliación en coordinación coas administracións educativas autonómicas. Faise sobre unha mostra aleatoria. Na Comunidade Autónoma de Galicia, participan 50 centros con alumnado de 4.º de educación primaria e de 2.º de educación secundaria obrigatoria. Realizada anualmente, permite obter datos representativos do alumnado e dos centros das distintas comunidades autónomas e do conxunto do Estado.

Informe de resultados. Avaliación xeral de diagnóstico 2010, 2º de educación secundaria obrigatoria

          Folleto informativo da avaliación xeral de diagnóstico educación secundaria obrigatoria 2010

          Informe de resultados. Avaliación xeral de diagnóstico 2009, 4º de educación primaria

AVALIACIÓNS DE ÁMBITO INTERNACIONAL

Distintos organismos internacionais (especialmente, a OCDE e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa nas seguintes avaliacións internacionais:

PISA

Programme for International Student Achievement (Programa internacional de avaliación de alumnos). Trátase dunha avaliación internacional na que participan países da OCDE e outros países asociados. Realizada pola OCDE, avalía o grao de preparación para a vida dos rapaces de 15 anos. Realízase cada 3 anos e examina as competencias en lectura, matemáticas e ciencias, facendo especial relevancia nunha delas en cada edición.

Probas liberadas de PISA en competencia matemática

Probas liberadas de PISA en competencia financeira

Probas liberadas de PISA en comprensión lectora

Probas liberadas de PISA en competencia científica

Resumo de resultados de Galicia PISA 2009

Informe de Galicia PISA 2009

Informe español PISA-ERA 2009. Avaliación de lectura de textos electrónicos

          Presentación de resultados PISA 2009 Galicia

          Informe español PISA 2009. Programa para a avaliación internacional dos alumnos OCDE

PIRLS-TIMSS

PIRLS (Estudo Internacional de Progreso e Comprensión Lectora), realizado pola IEA (Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo), é un estudo sobre a competencia lectora do alumnado de 4.º curso de educación primaria realizado cada cinco anos.

          A lectura, educación primaria 4.º curso. Probas de avaliación da comprensión lectora

TIMSS (Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias). Realizado cada cinco anos pola IEA (Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo) sobre alumnado de 4.º de educación primaria.

          Preguntas de ciencias e matemáticas. Educación primaria, 4.º curso

EECL Estudo Europeo de Competencia Lingüística

Este estudo, promovido pola Unión Europea, pretende proporcionarlles aos Estados membros información comparable sobre as competencias lingüísticas en linguas estranxeiras dos alumnos europeos ao finalizar a educación secundaria obrigatoria, así como coñecemento sobre boas prácticas que permitan mellorar a aprendizaxe das devanditas linguas.

Avalíanse cinco idiomas, os máis estudados nos distintos países da Unión Europea: inglés, francés, alemán, italiano e español.

Poboación avaliada: alumnos de 4.º da ESO que cursasen, como mínimo, un ano académico da lingua estranxeira.

          Pódese consultar información na páxina: www.surveylang.org

 

Toda a información das avaliacións de ámbito nacional e internacional pódese consultar no Instituto de Avaliación