Encontre a súa información...

DELF escolar en Galicia
Lun, 19/12/2016 - 10:28
Logo Delf-Dalf

En que consiste

A partir do presente curso escolar, o alumnado dos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia poderá obter os diplomas DELF (Diplôme d’Études en Langue Française), que son os diplomas oficiais de lingua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países. A súa validez é indefinida.

O DELF integra 4 diplomas independentes entre si correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Cada diploma avalía as 4 destrezas lingüísticas: comprensión e expresión escritas e comprensión e expresión orais. As cualificacións son compensatorias entre si, sendo a nota mínima esixible en cada unha das destrezas de 5/25. A nota media para a obtención do diploma é de 50 puntos sobre 100.

Organismos responsables

Consellería de Cultura e Educación e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España

Destinatarios/as

O alumnado que curse estudos en centros públicos de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia que estea matriculado nunha sección bilingüe en francés, que estude a materia de francés como primeira ou segunda lingua estranxeira ou que curse o programa de dobre titulación francés-español BachiBac.

Lugares das probas

Os centros acreditados para a obtención do DELF escolar que colaborarán coa Consellería son a Alianza Francesa da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

As probas realizaranse en seis centros educativos da Comunidade de Galicia designados pola Consellería: 2 na provincia da Coruña, 2 na de Pontevedra, 1 en Lugo e outro en Ourense.

Datas das probas

PROBAS ESCRITAS COLECTIVAS:

Xoves 27 de abril, de 17.00 a 18.40

Mércores 26 de abril, de 17.00 a 18.45

Xoves 27 de abril, de 17.00 a 19.30

PROBAS ORAIS INDIVIDUAIS:

Entre o luns 24 de abril e o sábado 20 de maio.

Datas de inscrición

O prazo de matrícula é do 1 ao 28 de febreiro de 2017.