A Consellería de Educación participa na biblioteca escolar do CEIP de Ponzos, en Ferrol, incluída no plan de mellora

O director de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, asistiu ao acto de reinauguración deste recinto

Ven, 25/02/2011 - 13:02

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, visitou esta maña o CEIP de Ponzos, en Ferrol.

O centro realizaba hoxe a reapertura da biblioteca escolar na que a Consellería comprometeu e investiu preto de 6.500 euros dentro do Plan de Mellora deste espazo que conta con máis de catro mil cincocentos exemplares dos que poden facer uso os 217 estudantes do CEIP de Ponzos.

Durante a súa estanza no centro José Manuel Pinal sinalou que “a Consellería recoñece a labor levada a cabo desde as bibliotecas escolares a través da posta en marcha de iniciativas para animar aos estudantes a ler e a usar estes espazos”.

Ao longo da mañá no centro tamén se realizou unha homenaxe ao profesor Jaime Cagiao, e en honor ao que se descubriu unha placa de cerámica cunha caricatura do homenaxeado. Ademais repartiuse un libro dedicado ao mestre e con relatos de antigos alumnos.

Menús News node R