Título node Learning object

Formación europea para responsables/coordinadores TIC en centros educativos
Mér, 09/11/2016 - 12:34
Logo do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado

European Schoolnet (EUN), co apoio e a colaboración de Cisco Networking Academy, prepararon un curso dirixido a responsables e coordinadores TIC en centros educativos de Educación Primaria e Secundaria interesados en desenvolver o seu coñecemento e comprensión dalgúns aspectos esenciais da coordinación práctica das TIC nos centros .

O curso, que se desenvolverá na academia de EUN (European Schoolnet Academy) é un curso en liña gratuíto, que pretende reunir a coordinadores e responsables TIC para falar sobre as prácticas actuais e os novos desenvolvementos, aprender uns doutros e reflexionar sobre as súas tarefas a través de estudos de casos en formato vídeo producidos por profesionais, de seminarios en directo que contarán coa participación de expertos, e de actividades e debates estimulantes e dinámicos.

Obxectivos

O curso, dirixido polo experto técnico Jean-Noel Colin e Roger Blamire de European Schoolnet, ten como obxectivo construír coñecementos, habilidades e afianzar a confianza en:

  • Optimización da rede do centro.
  • As redes inalámbricas e os enfoques BYOD.
  • Modelos e servizos na nube.
  • Protección de redes e de seguridade dixital.
  • Habilidades e consellos profesionais, incluíndo a elaboración dun plan de desenvolvemento das TIC para o centro educativo.
  • Novas ferramentas e servizos (incluíndo tecnoloxías para necesidades especiais).

Datas

Comeza o luns, 28 de novembro, e ten unha duración de seis semanas, cun descanso de tres semanas entre o terceiro e cuarto módulos. A carga de traballo estimada é de tres horas á semana. Pódese atopar máis información e inscribirse na páxina principal do curso.