Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria dunha bolsa de profesores especialistas para o ciclo formativo de grao superior de Mantemento Aeromecánico a impartir no CIFP As Mercedes de Lugo

Mér, 02/11/2016 - 07:45

Xúntase a Resolución do 18 de outubro de 2016 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca bolsa de profesores especialistas para o ciclo formativo de grao superior de Mantemento Aeromecánico a impartir no CIFP As Mercedes de Lugo.

  • O prazo de presentación das solicitudes e da documentación que a estas se achegue será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao de  publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia.