Relación provisional dos centros públicos seleccionados e suplentes para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa "English Week" correspondentes aos cursos da ESO

Ven, 14/10/2016 - 13:47

Xúntase a Relación provisional dos centros públicos seleccionados e suplentes para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa "English Week" no curso 2016/2017 correspondentes aos cursos primeiro, segundo, terceiro e cuarto da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

  • O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación: ata o 19 de outubro (incluído).

NOTA: Para unha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: xsoie@edu.xunta.gal ou por fax ao número 981546550, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.