Título node Learning object

Convocatoria da 1ª Edición do Programa de Expertos Nacionais en Formación Profesional
Ven, 16/09/2016 - 13:46
Logo do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación

O Programa desenvolverase a partir do 1 e o 16 de marzo do 2017 e a súa duración vai de 3 a 5 meses.

Os requisitos para participar son:

  • Ser empregado público dunha Administración Pública nacional, autonómica ou local ou dunha organización intergovernamental antes ou durante o destacamento como ENFP.
  • Non haberse beneficiado de calquera tipo de contrato, emprego ou prácticas das Institucións da Unión Europea.
  • Pertencer a un grupo ou categoría profesional que requira estar en posesión dun título universitario.
  • Coñecemento satisfactorio de inglés ou francés, na medida que permita o cumprimento das funcións en ditas linguas. Os candidatos/as terán en conta que o aproveitamento das prácticas está condicionado ao dominio destas linguas.

 O número de prazas ofertadas é de 13 e a data para a presentación das solicitudes remata o 25 de setembro de 2016, incluído.

Os interesados remitirán, en formato electrónico e ao enderezo electrónico tramitacionend@ue.maec.es, a seguinte documentación:

  •  Application Form
  •  CV no formato Europass en español
  •  CV no formato Europass en inglés
  •  Carta de autorización do superior xerárquico competente

Esta convocatoria está publicada na páxina web da Representación Permanente:

Na seguinte ligazón web atópanse os formularios.