Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2016/2017

Mar, 13/09/2016 - 08:50

Resolución do 29 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e rematará o día 3 de outubro de 2016. Terán ata o 4 de novembro de 2016 para realizar as alegacións que consideren ás listas publicadas.