Cultura e Educación fixa para o 23 de xuño o inicio dos exames das oposicións, nas que se ofrecen 1.112 prazas

A Mesa Sectorial aprobou o calendario escolar para o vindeiro curso, cuxas clases se iniciarán o 12 de setembro de 2016 e rematarán o 23 de xuño de 2017 en Primaria, mentres que en Secundaria comezarán tres días despois
Mar, 31/05/2016 - 17:51

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de fixar para o 23 de xuño o inicio dos exames das oposicións, cuxa convocatoria para este ano ascende a 1.112 prazas, o 100% da taxa de reposición. A fixación das datas posteriores será determinada por cada un dos tribunais e, dado que o 24 é festivo e o 25 previsiblemente se instalarán os colexios electorais, os tribunais poderían determinar o día 27 como seguinte data para a continuación das probas.

Con esta oferta –coa que se cobren 12 prazas no corpo de inspectores de educación, 478 no corpo de profesores de ensino secundario, 122 no de profesores técnicos de formación profesional e 500 no de mestres– búscase manter o de Galicia como o nivel máis baixo de interinidade no persoal docente de todo o Estado español. A data deuse a coñecer hoxe na Mesa Sectorial de Educación.

Cómpre lembrar que a distribución de prazas por especialidade é a seguinte:

 

Especialidade

Prazas A2-A1

libre

Total

Profesores de ensino secundario

Lingua Castelá e Literatura

14

56

70

Xeografía e Historia

11

44

55

Matemáticas

15

60

75

Física y Química

8

32

40

Bioloxía e Xeoloxía

9

36

45

Inglés

9

36

45

Educación física

4

16

20

Orientación educativa

5

20

25

Formación e Orientación Laboral

10

40

50

Hostalaría e Turismo

3

10

13

Informática

4

16

20

Intervención sociocomunitaria

4

16

20

TOTAL

96

382

478

Profesores técnicos de FP

Cociña e pastelería

 

12

12

Instalacións electrotécnicas

 

24

24

Mantemento de vehículos

 

24

24

Mecanizado e mantemento de máquinas

 

17

17

Servizos á Comunidade

 

20

20

Sistemas e aplicacións informáticas

 

25

25

TOTAL

 

122

122

Mestres

Educación infantil

 

186

186

Lingua estranxeira: inglés

 

56

56

Lingua estranxeira: francés

 

30

30

Educación física

 

40

40

Música

 

36

36

Pedagoxía terapéutica

 

56

56

Audición e linguaxe

 

56

56

Educación Primaria

 

40

40

TOTAL

 

500

500

Inspectores de Educación

 

 

12

12

TOTAL

 

 

1.112

Calendario escolar 2016/2017

Na mesma Mesa Sectorial tamén se debateu e aprobou, entre outros asuntos, o calendario escolar para o vindeiro curso. Neste sentido, en educación infantil, primaria e educación especial, as clases comezarán o 12 de setembro de 2016 e rematarán o 23 de xuño de 2017, ambos inclusive. Para educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional fíxase o inicio de curso tres días despois (o 15 de setembro).

En canto aos períodos de vacacións, o Nadal establécese desde o día 22 de decembro de 2016 ata o 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive. Pola súa banda, as vacacións de entroido serán o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo do ano que vén; mentres que as de Semana Santa fíxanse desde o día 10 ata o 17 de abril, ambos inclusive.