O conselleiro de Educación felicitou á comunidade educativa do centro de educación especial A Barcia polo labor desenvolvido no colexio

Xesús Vázquez Abad coñeceu aos nenos que elaboraron a postal co que a Consellería felicita este Nadal

Mér, 15/12/2010 - 19:25

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, felicitou hoxe en primeira persoa á comunidade educativa do centro de educación especial A Barcia, en Santiago de Compostela, polo labor didáctico desenvolvido neste colexio.

Durante esta visita, Vázquez Abad aproveitou para se reunir cos nenos que, axudados polos seus profesores, elaboraron a postal coa que a Consellería está a felicitar este Nadal. O conselleiro animou ademais a todas as rapazas e rapaces do centro a seguir traballando para desenvolver as súas capacidades, e gabou a súa capacidade de esforzo e superación.

O titular do departamento de Educación da Xunta de Galicia reiterou nesta visita unha vez máis o compromiso da Consellería coa atención á diversidade de todos os estudantes galegos, e facilitando que todos continúen o curso ao mesmo ritmo grazas ás axudas destinadas para lograr a igualdade.

Ademais, a Consellería investiu no presente ano 81.106 euros na mellora das condicións de estudo deste alumnado, con materiais adaptados ás súas  necesidades específicas.

Declaracións do conselleiro de Educación