Patentes e marcas. Da idea ao negocio

A actividade L1502015 Patentes e marcas. Da idea ao negocio desenvolverase no CIFP Politécnico de Lugo e está dirixida a todas as ensinanzas.
Ven, 18/03/2016 - 10:43
Patentes e marcas. Da idea ao negocio

Ata o día 3 de abril está aberto o prazo de matrícula para esta actividade que se desenvolverá no CIFP Politécnico de Lugo.

Duración: 12 h das que 8 son presenciais e 4 en rede

Destinatarios: todas as ensinanzas e todas as especialidades

Dentro dos criterios de selección priorizarase as solicitudes do profesorado pertencente aos centros que están a desenvolver o proxecto A Coruña Emprende 2 dos niveis de primaria,secundaria, bacharelato e FP.

Obxectivos

  • Definir a propiedade industrial e a súa protección legal. As patentes. As marcas.
  • Coñecer a Oficina Española de Patentes e Marcas.
  • Explicar a Oficina Europea de Patentes. Rexistro de marcas da Comunidade Europea.

Contidos

  1. A propiedade industrial e a súa protección legal. As Patentes. As Marcas.
  2. A Oficina Española de Patentes e Marcas A Oficina Europea de Patentes.
  3. Rexistro de Marcas na Comunidade Europea.
  4. O proxecto de negocio.

A inscrición farase a través de: www.edu.xunta.es/fprofe

As datas e horario fixaranse máis adiante.