O conselleiro de Cultura e Educación aborda coa Asociación Manaia as posibles vías de colaboración para mellorar a atención educativa ao alumnado adoptado

Mér, 02/03/2016 - 21:26

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta tarde con representantes da Asociación de Familias Adoptivas (MANAIA) co obxectivo de escoitar as súas peticións respecto da especial situación do alumnado adoptado no proceso de escolarización e as necesidades específicas que estes nenos e nenas poden presentar.

No marco deste encontro o conselleiro comprometeuse a estudar as posibles vías de colaboración con esta asociación co fin de que se poida difundir nos centros educativos a súa actividade e materiais dirixidos ao ámbito do ensino. No encontro participaron por parte da asociacións Cristina Guede, María Jesús Vázquez e Águeda Ruibal, ambas as tres mestras; e, pola da Consellería, o director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira, e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación educativa, Manuel Vila.