A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das clases este luns 15 de febreiro nas zonas meteorolóxicas da montaña de Lugo e Ourense
A suspensión tera vigor ata as 18 horas e ten a súa orixe nun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por nevaradas que acadarán os 30 centímetros
Dom, 14/02/2016 - 20:44

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa previsto para o luns 15 de febreiro de 2016 por nevaradas que acadarán os 30 centímetros- a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para mañá nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Montaña nas provincias de Lugo e Ourense.

A suspensión terá vigor dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico - 00,00 horas do luns 15- ata as 18 horas, con seguimento das condicións climáticas. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares, solicitando que leve a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso. Do mesmo xeito comunicarase ás empresas de transporte escolar.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente."

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf