Román Rodríguez participa no acto conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino
Ven, 29/01/2016 - 19:20
Román Rodríguez participa no acto conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino
Román Rodríguez participa no acto conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe no acto académico organizado pola USC con motivo da Festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade.

Nesta ocasión, o acto celebrouse na Facultade de Ciencias do campus de Lugo e a lección maxistral ofreceuna o profesor Eugenio Rodríguez Núñez baixo o título “O Acordo de París, un novo impulso á Enerxía Renovable”.