TIC para departamentos de orientación

G1501056 “As TIC nos Departamentos de Orientación” curso en Rede do plan anual de formación do profesorado.
Ven, 15/01/2016 - 11:22
TIC para departamentos de orientación
TIC para departamentos de orientación

 

Neste segundo trimestre comeza o curso de TIC para departamentos de orientación, 30 horas en Rede.

Este curso procura un achegamento práctico ás aportacións das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) na Orientación Educativa. Sen esquecer a importancia da accesibilidade e as licenzas de autor, abordarase o coñecemento e uso de distintas aplicacións e ferramentas de interese, así como unha mostra de recursos e apps educativas para o desenvolvemento das múltiples funcións que debe realizar o Departamento de Orientación. A finalidade é empregar novos instrumentos e materiais para dinamizar os procesos de comunicación e a información facilitada polo Departamento de Orientación ao profesorado, alumnado e as familias. En definitiva, “as TIC nos Departamentos de Orientación” ofrecen unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través do manexo e posta en práctica de ferramentas, a nivel básico, da Web 2.0.