Hora de ler

Resolución da convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centro públicos durante o curso 2015/2016
Lun, 21/12/2015 - 15:27

Xúntase a Resolución de 21 de decembro de 2015, relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 1 de setembro, no contexto das actuacións para o fomento da lectura en centros escolares, pola que se incentiva o funcionamento de Clubs de lectura  en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que imparten ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2015/2016.

Reciben asignación para o funcionamento do club de lectura un total de 239 centros.