Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala

Xov, 12/11/2015 - 09:10

Xúntase a Resolución do 29 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas de conxunto establecidas na Orde do 27 de xuño de 2014, corrixida no Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro, e se nomean os membros do tribunal que actuará nos procedementos de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala.

  • As novas solicitudes presentaranse nas secretarías dos centros públicos IES Universidade Laboral (Culleredo) e IES Sánchez Cantón (Pontevedra), no prazo comprendido desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 27 de novembro de 2015. Non necesitarán presentar nova solicitude as persoas que xa participaron na primeira ou segunda convocatoria e que cumpran os requisitos para a realización da proba.