Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de clave

Mér, 04/11/2015 - 08:40

Xúntase o Anuncio do 21 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na especialidade de clave, aberta polo Anuncio do 21 de setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 2 de outubro).

  • Pódense consultar as listas no servizo relacionado: Listas de substitucións
  • Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.