Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Anteproxectos de decretos que establecen currículos de ciclos formativos

Mér, 23/09/2015 - 17:56

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública os proxectos dos decretos polo que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao  superior e de grao medio correspondentes aos títulos de Técnico superior en Ortopróteses e Produtos de Apoio e Técnico en Emerxencias e Protección Civil.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas aos proxectos destes decretos nos 15 días hábiles seguintes á publicación desta nova.