G1501042: Desenvolvemento do traballo colaborativo a través de dispostitivos móbiles

Curso na Rede
Mar, 22/09/2015 - 12:47
Traballo colaborativo con dispositivos móbiles
Traballo colaborativo con dispositivos móbiles

Referencia: G1501042
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 05/10/2015 – 13/12/2015
Lugar: Na Rede
Prazas: 100
 

Criterios de selección:

  1. Coordinadores de tecnoloxías da información e da comunicación.

  2. Coordinadores Abalar.

  3. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos:

1. Contextualizar as TIC no desenvolvemento do traballo colaborativo.

  1. Mellorar a competencia profesional asociada ás TIC mediante a integración de recursos, aplicacións e dispositivos na resolución dunha tarefa.

  2. Desenvolvemento de novas metodoloxías de ensinanza e aprendizaxe encamiñadas á adquisición de contidos máis significativos e visualmente máis atractivos.

Contidos:

1.Características da aprendizaxe colaborativa e a metodoloxía que implica.

2.Posibilidades educativas dos dispositivos móbiles: Tabletas e Smartphones atendendo á versatilidade, portablildade e funcionalidade.

3.Ferramentas para dispositivos móbiles que favorezan o traballo colaborativo e cooperativo.