A Consellería de Educación asina un acordo dun programa educativo- terapeútico coa Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia

Este convenio ten como obxectivo promover a matriculación en educación secundaria semipresencial das persoas que se acollen a este proxecto
Lun, 25/10/2010 - 10:51
O conselleiro de Educación, na sinatura do convenio
O conselleiro de Educación, na sinatura do convenio

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe un acordo co presidente da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Ramón Crespo Gómez, en virtude do cal dáse apoio específico á oferta educativa que posibilite unha resposta concreta ás singulares demandas de formación das persoas acollidas neste centro. No encontro entre ambos estivo presente o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

Deste modo a Consellería comprométese a dar a prestación que a Fundación demande en función das súas necesidades de cara ás persoas adultas que se acollen ao seu proxecto terapéutico. Así, promoverase a matriculación das mesmas en centros públicos específicos de educación e promoción de adultos que oferte na educación secundaria pola modalidade semipresencial nas catro provincias galegas.

Co nesta iniciativa preténdese potenciar a educación como ferramenta de integración social e de adquisición de hábitos e actividades positivas que favoreza no desenvolvemento e a maduración persoal, contribuíndo ao éxito do proceso terapéutico. A tal fin a Consellería pon a disposición deste proxecto educativo catro profesores que coordinaran o desenvolvemento habitual das actividades académicas, prestando apoio nos procesos de matrícula, probas de avaliación, ou dando acceso aos programas de adquisición de libros de texto. 

Con isto a Consellería volve a demostrar a súa implicación coa ensinanza en todos os niveis e dirixidas para todos aqueles interesados en continuar a súa formación de cara  ter maiores oportunidades na sociedade actual.