A Consellería de Educación recórdalle a todos os pais e nais que teñen dereito a mandar os seus fillos a clase

A folga de mañá non conta co respaldo de varios sindicatos e confederacións de ANPAS
Mér, 20/01/2010 - 17:20

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recorda a todos os pais e nais de estudantes de ensino non universitario teñen todo o dereito a enviar mañá os seus fillos e fillas aos centros escolares. Desde a Xunta recórdase que tanto o transporte escolar como o servizo de comedor funcionarán con total normalidade e que todos os centros terán uns servizos mínimos establecidos que traballarán a prol de garantir a maior normalidade posible.

Por outra banda desde a Consellería de Educación recordase que a folga non se prantexa en favor de ningunha reivindicación salarial ou profesional senón como un acto partidista en programado contra as bases do decreto do plurilingüismo, mesmos antes de que estas se coñeceran, e a pesar de que están sometidas ás valoracións que se fagan dende a comunidade educativa.

Neste senso, e aínda respectando o lexítimo dereito de folga o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal manifestou hoxe que "os convocantes non buscan unha mellora para o profesorado nin para o alumnado, o que converte a folga nun acto partidista". Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad sinalou, en relación co escenario de folga, que "atopámonos, por un lado, cun pequeno grupo que sigue enrocado lonxe do diálogo, e que sigue interesado en tensionar o clima e, por outro lado, atopamos todo un grupo de institucións e sindicatos que neste momento están confirmando que non secundan a folga, e están tendendo unha man, que é o que nós estamos intentando tamén".

O responsable de Educación, que deste xeito amosaba o seu recoñecemento "ás partes que veñen cunha actitude totalmente negociadora, que poñen enriba das mesas as súas suxestións, cun total respecto", asegurou que catro sindicato se outras tantas asociación se federacións de pais expresáronlle o seu desacordo coa convocatoria de folga.

Por último, o director xeral, José M. Pinal engadiu que "esta folga prexudica aos pais e nais, aos estudantes que deberían continuar cos seus estudos e os profesores que, en moitos casos, están presionados para secundar un acto de protesta como o de mañá, cando ese non é o seu desexo".