Comisións de servizo

Aberto o prazo de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde e conciliación da vida familar para o profesorado do corpo de mestres
Mér, 27/05/2015 - 08:40

Ábrese o prazo de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde e conciliación da vida familar para o profesorado do corpo de mestres que participou no derradeiro concurso de traslados dende o 27 de maio ao 10 xuño, ambos inclusive.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Infórmase que o CPI “Vicente Otero Valcárcel” de Carral transfórmase nun Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e só poden solicitar este Centro, código 15003005, o profesorado de infantil e primaria (Decreto 49/2015-DOG do 13 de abril) e o IES de Carral ten o código 15032923 segundo consta no Anexo.

Teléfonos de contacto:

Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correo electrónico:  persoal.primaria@edu.xunta.es