Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Exposición pública de proxectos de decretos que establecen currículos de ciclos formativos

Xov, 23/04/2015 - 16:02

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública os proxectos dos decretos polo que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao medio correspondente aos títulos de técnico en Actividades Comerciais, técnico en Impresión Gráfica e técnico en Operacións de Laboratorio, e os currículos dos ciclos formativos de grao superior correspondentes aos títulos de técnico superior en Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, técnico superior en Integración Social e técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas aos proxectos destes decretos nos 15 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, seguindo as instrucións que figuran no enderezo
web: