Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional do concurso xeral de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS para o ano 2015

Ven, 13/03/2015 - 09:25

Publicada a resolución provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, e mestres de taller de artes plásticas e deseño, convocado pola orde do 30 de outubro de 2014 (DOG do 5 de novembro).

A adxudicación pode consultala no enderezo www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que o prazo para presentar reclamacións ou renuncias e de cinco días naturais, do 14 ao 18 de marzo.