Encontre a súa información...

 
Comeza o curso Historia da Arte. Propostas didácticas e actualización científica
O día 24 de febreiro comezou a actividade de formación HISTORIA DA ARTE. PROPOSTAS DIDÁCTICAS E ACTUALIZACIÓN CIENTÍFICA que se desenvolverá ata o vindeiro 14 de abril na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago).
Xov, 26/02/2015 - 19:59
San Martiño Pinario
San Martiño Pinario

O curso, impartido por membros do Grupo Iacobus, grupo de investigación en Historia da Arte, ten como obxectivos fundamentais reflexionar sobre a situación da Historia da Arte nos deseños curriculares e presentar novas propostas didácticas, actualizar coñecementos en relación coas novas correntes metodolóxicas de investigación, interpretación e análise da obra de arte e introducir as tecnoloxías da información e da comunicación nas propostas didácticas de historia da arte.

Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da Arte, como José Manuel García Iglesias (Catedrático -- USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia -- USC),  Ana Goy Diz (Profesora USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro, Santiago), Begoña Fernández Rodríguez (Profesora USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora Univ. Vigo), Carme López Calderón (Grupo Iacobus), Carla Fernández Martínez (Grupo Iacobus), Miriam Elena Cortés López (Grupo Iacobus) e Beatriz López Arosa. Participará, asimesmo, Santiago Berdullas Silva, cofundador de Kappowsky, empresa de software para smartphones. A actividade inclúe dúas visitas dirixidas: unha, ao casco vello de Santiago; outra, ao Museo das Peregrinacións.