Retirada da documentación do concurso de traslados do ano 2013 relativa ao apartado 6 do baremo-publicacións e méritos artísticos e literarios
Mér, 21/01/2015 - 13:17

Infórmase da apertura dun prazo para retirar a documentación achegada para o concurso de traslados convocado pola Orde do 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro), presentada polo profesorado dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesor técnico de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores ao servizo da administración educativa, así como para o concurso de traslados de xefaturas de departamentos de orientación (mestres) e adultos relativa ó apartado 6-publicacións, méritos artísticos e literarios.

A documentación poderase retirar nos servizos de profesorado de primaria e secundaria, segundo corresponda,  na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A documentación poderá retirala ademais do interesado/a, unha persoa debidamente autorizada.

O prazo para a súa retirada será de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 horas, desde o día 22 de xaneiro ao 26 de febreiro, ambos inclusive.

Moi importante: Rematado o prazo da retirada da referida documentación, procederase á reciclaxe da mesma.