Hora de ler

Resolución da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2014/2015
Lun, 29/12/2014 - 10:21

Xúntase a Resolución de 26 de decembro de 2014 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e RRHH de 15 de setembro, no contexto das actuacións para o fomento da lectura en centros escolares, pola que se incentiva o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e O.U., que acollan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional (tanto en réxime ordinario como de persoas adultas), ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2014/2015. En total son 228 centros educativos os que reciben asignación para o funcionamento dos clubs de lectura no presente curso.

  • O prazo para a xustificación do gasto e o envío da memoria correspondente remata o 10 de xullo de 2015.