A Consellería de Educación anuncia que máis de medio centenar de centros galegos serán plurilingües no presente curso escolar

Preto de oitenta centros galegos solicitaron entrar no plan de potenciación das linguas estranxeiras

Mér, 08/09/2010 - 17:21

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a listaxe cos nomes dos 52 centros educativos galegos de educación Primaria e ESO que o 10 de setembro comezaran a funcionar como centros plurilingües.

A convocatoria realizada, por primeira vez, pola Xunta de Galicia para converterse en centros plurilingües tivo unha gran resposta xa que na Consellería de Educación  se recibiron 76 solicitudes. Destes 19 foron excluídos e outros seis foron rexeitados por presentar a documentación incompleta.

O número de solicitudes recibidas e aceptadas, demostran o apoio, tanto da sociedade como da comunidade docente, a este nova iniciativa do goberno galego por ofrecer a mellor formación aos seus estudantes. Neste primeiro ano entran a formar parte da rede de centros plurilingües escolas tanto dos núcleos rurais como das cidades, sendo 29 das seleccionadas de carácter público.

Plan de potenciación

O Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras cumpre co obxectivo do goberno e acadar, de aquí ao curso 2012-2013 os 160 primeiros centros plurilingües que se van crear. Así, o 20% da poboación escolar de Primaria e da ESO que estuden no 2012/2013 en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia tería cursado ensinanzas nas seccións bilingües e centros plurilingües, grazas ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Este proxecto, dá resposta aos 'Obxectivos de Lisboa' en materia de aprendizaxe de linguas, establecidos pola Unión Europea. Ó impulso ás linguas na actual situación de crise supón un importante esforzo para o Goberno galego que, volve a demostrar a súa decidida aposta e compromiso coa aprendizaxe doutros idiomas, cunha estratexia pensada ata o ano académico 2012/2013.