Título Event node R

S1401048 Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación
Curso mixto de 50 horas (30 horas presenciais e 20 en rede dende a plataforma Platega). A parte presencial realizarase no CAFI (R/Lamas de Abade s/n en Santiago de Compostela). É o segundo nivel dos 5 que conforman o Itinerario de Competencia TIC docente.

Data: 

22/01/2015 - 26/03/2015
Venres, 10 Outubro, 2014 - 12:44

Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015 (Inicio o xoves 22 de xaneiro e remate o 26 de marzo)
Data límite de inscrición: 12/12/2014
Lugar de celebración: CAFI (R/ Lamas de Abade s/n - Santiago de Compostela)
Horas: 50 (30 presenciais e 20 en rede)
Prazas: 20

Contidos a desenvolver:

1. Coñecemento e utilización básica dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación: webcam, cámara dixital, escáner, encerado dixital interactivo e servidor de centro.

2. Organización e personalización do contorno de traballo en local e en rede. Coñecemento e uso básico de presentacións, folla de cálculo e redes sociais.

3. Planificación e desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe empregando as tecnoloxías da información e da comunicación.

4. Programación con actividades de tecnoloxías da información e da comunicación, contidos dixitais, software educativo.

5. Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación, manexando dun xeito básico programas de xestión de centro, servizos de internet e procedementos para a comunicación coas familias.

6. Participación en plataformas de aprendizaxe para acadar ou mellorar as competencias dixitais.

O nivel Básico é o segundo nivel dos 5 que conforman o itinerario TIC do profesorado.

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=ver...