O curso escolar comeza con total normalidade en Galicia nas etapas de educación infantil e primaria e en educación especial

A Consellería quere agradecer aos membros da comunidade educativa a súa colaboración e a posta a punto dos centros para este día

Mér, 10/09/2014 - 14:17
 O curso escolar comeza con total normalidade en Galicia nas etapas de educación
O curso escolar comeza con total normalidade en Galicia nas etapas de educación infantil e primaria e en educación especial

Segundo os datos recompilados ao longo da mañá pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o curso escolar comezou hoxe con normalidade para algo máis de 200.000 escolares das etapas de infantil, primaria e educación especial nas 4 provincias galegas. Neste sentido cómpre agradecer a docentes, equipos directivos e, en xeral, ao conxunto da comunidade educativa, o esforzo realizado para coordinar a posta a punto dos centros para este día, o que é proba a súa profesionalidade e implicación.

No que atinxe ás incidencias, só se produciron algunhas puntuais. En concreto na provincia da Coruña un problema cun enganche de auga realizado polo Concello de Boiro no CEIP de Cespón ocasionou unha pequena inundación que xa foi solucionada e que non impediu o inicio das clases. Ademais, a EEI Vicente Casabella (Ourol, Lugo) e CEIP de Manzaneda non comezaron as clases por mor da ausencia do alumnado dos centros. Neste sentido a Consellería quere lembrar que, no caso de Ourol, o alumnado estará perfectamente atendido cos 3 profesores cos que conta o centro para os seus 9 alumnos, dous destes docentes compartidos cun centro de Muras. No caso de Manzaneda á necesario lembrar que o CEIP conta con 22 alumnos e que o mínimo para que o seu comedor teña unha cociñeira propia é de 25.

Declaracións do conselleiro