A Consellería de Cultura e Educación concede 164 licenzas para a formación do profesorado

A nova concesión de licenzas por formación para docentes reafirman o compromiso do departamento coa formación do profesorado como garantía dun ensino de calidade

Ven, 08/08/2014 - 14:05
A Consellería de Cultura e Educación concede 164 licenzas para a formación do pr
A Consellería de Cultura e Educación concede 164 licenzas para a formación do profesorado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder 164 licenzas dirixidas ao persoal docente de carreira no curso 2014-2015, o que supón 467,5 meses de para a formación do profesorado. Así, convocáronse este ano 500 meses de licenzas. Deste xeito, a consellería segue a apostar polo profesorado como piar fundamental do sistema educativo e dun ensino de calidade, cun esforzo importante para o mantemento destas prazas, o que, sen dúbida, adquire maior relevancia no actual contexto de crise económica.

Cómpre salientar que nesta convocatoria inclúese como novidade que poderán ser beneficiarias de licenzas de formación aqueles docentes que estean a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar. A resolución poderá consultarse no Portal Educativo www.edu.xunta.es .

Modalidades das licenzas

Todas as licenzas concedidas terán carácter retribuído e haberá 6 modalidades diferentes: para a creación de materiais curriculares para primaria e secundaria de maneira individual -con 43 licenzas concedidas- e para grupos de traballo de 2 ou 3 membros –con 34 licenzas para 16 grupos-; para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional en modalidade individual -con 22 licenzas concedidas- e para grupos –con 33 licenzas concedidas para 15 grupos-; de grupo de traballo para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado -con 7 licenzas concedidas para 3 grupos-; e para o perfeccionamento en linguas extranxeiras no exterior –con 25 licenzas concedidas-.