Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Solicitude de destinos para a realización das prácticas por parte dos opositores aprobados no concurso-oposición

Xov, 17/07/2014 - 10:35

Coa finalidade de poder realizar o período de prácticas, os opositores que teñan superado o procedemento selectivo deberán solicitar destinos no prazo de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa base décimo sexta da convocatoria.
 
Os opositores aprobados no concurso-oposición deberán acceder a https://www.edu.xunta.es/cadp para facer a petición de destinos.  A relación dos centros que se poden solicitar aparece nos Anexos da propia aplicación informática.
 
Tamén pode consultarse na ligazón seguinte  /portal/node/12706 calquera outra información en relación coas peticións de destinos.