Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/2015

Mér, 18/06/2014 - 08:50

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/15.

  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

Os plans de formación tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:

Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, poderán tratar algunha das seguintes liñas:

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Máis información

a) As seguintes páxinas web

- Consellería: www.edu.xunta.es

- CAFI: www.edu.xunta.es/web/cafi

- CFR: A Coruña www.edu.xunta.es/web/cfrcoruna. Ferrol: www.edu.xunta.es/web/cfrferrol. Lugo: www.edu.xunta.es/web/cfrlugo. Ourense: www.edu.xunta.es/web/cfrourense. Pontevedra: www.edu.xunta.es/web/cfrpontevedra. Vigo: www.edu.xunta.es/web/cfrvigo.

b) Os seguintes teléfonos

CAFI: 981522411.

CFR: A Coruña: 981274221. Ferrol: 981370541. Lugo: 982251068. Ourense: 988241533. Pontevedra: 986872888. Vigo: 986202370.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981546513

c) Os seguintes enderezos electrónicos

CAFI: cafi@edu.xunta.es

CFR: A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es. Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es. Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es. Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es. Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es.