A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recupera a figura da compositora Eugenia Osterberger nunha charla-concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea

A charla-concerto tamén contará coa soprano Susana de Lorenzo e terá lugar o xoves 12 de xuño ás 19:00 horas
Mar, 10/06/2014 - 16:00
 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recupera a figur
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recupera a figura da compositora Eugenia Osterberger nunha charla-concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove unha xornada sobre a figura de Eugenia Osterberger, co obxectivo de recuperar a figura e a obra desta gran descoñecida para o público galego e os estudosos e intérpretes actuais.

As investigadoras Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos serán as encargadas de achegar o público a vida e o legado no ámbito da música culta galega de raíz popular de Osterberger.