Convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

Xov, 22/05/2014 - 08:30

Xúntase a Resolución do 14 de maio de 2014 pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE.

  • As persoas representantes dos centros educativos solicitantes poderán completar «en liña» o formulario electrónico na aplicación dispoñible na epígrafe Linguas estranxeiras, programa CUALE (http://www.edu.xunta.es/programaseducativos).
  • As solicitudes deberán dirixirse á xefatura territorial correspondente antes do 10 de xuño de 2014.