Bolsas

Convocadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo
Lun, 19/05/2014 - 08:40

Xúntase a Orde do 13 de maio de 2014 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Todos os documentos teñen que ser xerados a partir da aplicación informática só dispoñible para os centros educativos,  polo que os anexos desta orde só serven a efectos informativos.