Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo no concurso xeral de traslados, no de orientación ou no de adultos

Mér, 02/04/2014 - 11:20

O profesorado que obtivo destino definitivo no concurso xeral de traslados ou no de orientación ou no de adultos convocados pola orde 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro ) e co fin de poder tramitar a súa toma de posesión así como a súa alta en nómina deberá remitir á Xefatura Territorial correspondente, antes do 1 de setembro a documentación que se xunta.