Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais nas especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal, Hostalaría e Turismo, Procesos de Produción Agraria, Procesos na Industria Alimentaría, Procesos Diagnósticos Clínicos e ....

Mar, 01/04/2014 - 08:31

Xúntase o Anuncio do 19 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103), Hostalaría e Turismo (590106), Procesos de Produción Agraria (590115), Procesos na Industria Alimentaría (590116), Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117), Procesos Sanitarios (590118), Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluídos (591205), Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) e Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

  • Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

  • Para poder consultar os baremos poden acceder desde o servizo que aparece máis abaixo  (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/ListadoSubstitutosListaAberta.do) e buscar a lista que corresponda, en cada caso, abrindo posteriormente a ligazón que permite consultar o baremo.

    No caso de ter que facer reclamación ao baremo provisional farase dentro do prazo que se indica no correspondente anuncio que se publica no DOG e que tamén aparece publicado na web.

    A reclamación presentarase por escrito en calquera dos rexistros oficiais ou por correo certificado e dirixido á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación (Edificio administrativo San Caetano s/n,15781 Santiago de Compostela) indicando os datos necesarios: NIF, Nome e apelidos, disciplina pola que se presenta, motivo da reclamación, etc.