Cultura e Educación impulsa a formación en idiomas dos estudantes universitarios a través da convocatoria de 113 axudas para estadías no estranxeiro

Estas bolsas reafirman o compromiso do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad coa igualdade de oportunidades de todo o estudantado para acadar a excelencia
Cómpre lembrar que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a capacidade de estudo e traballo
Lun, 10/03/2014 - 16:46
 Cultura e Educación impulsa a formación en idiomas dos estudantes universitario
Cultura e Educación impulsa a formación en idiomas dos estudantes universitarios a través da convocatoria de 113 axudas para estadías no estranxeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsará, un ano máis, a aprendizaxe de linguas estranxeiras por parte do alumnado universitario a través dunha nova convocatoria das axudas para que os universitarios que estean a estudar na nosa Comunidade Autónoma realicen estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua oficial dese país. Trátase dun total de 113 axudas que veñen a reafirmar o compromiso do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad coa igualdade de oportunidades de todo o estudantado para acadar a excelencia, así como un estímulo en prol da mobilidade dos universitarios galegos. Cómpre lembrar, ademais que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a capacidade de estudo e traballo.

Con este fin a Consellería mantén, malia á crise económica, o mesmo orzamento para estas axudas, un total de 124.300 euros, a través do que se concederán bolsas dun máximo de 1.100 euros por estudante.  obxectivo destas axudas é que os estudantes de calquera das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) ou dos centros asociados da UNED en Galicia poidan mellorar as súas competencias en outros idiomas, nun curso que deberá desenvolverse no período comprendido entre o 15 de xuño e os 30 de agosto de 2014.

Requirimentos

Poderán solicitar estas os universitarios que estean matriculados no curso 2013/2014, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico. A convocatoria pode consultarse no portal educativo, no enlace web /portal/node/11894 .

Ademais, os aspirantes deberán ter  superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos na titulación que estean a realizar; e teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e a 6 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

O alumnado que desexe acollerse a esta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude, segundo o modelo ED 416A e a declaración de conxunto (anexo II), que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo http://sede.xunta.es, que permite cumprimentar e editar a solicitude. A solicitude pode realizarse ben por vía electrónica, en cumprimento do compromiso de achegamento da administración electrónica á cidadanía; ou ben en soporte papel. O prazo estará aberto ata o día 7 de abril, inclusive.

Convocatorias anteriores

O verán pasado foron beneficiarios destas axudas un total de 113 estudantes do SUG e dos centros asociados da UNED en Galicia, Os países de destino polo que maioritariamente optaron para ir a cursar un curso de idiomas foron Reino Unido (47), Irlanda (24), Malta (17), Alemaña (7), Francia (7), Portugal (6), Francia (6), Italia (4) e Austria (1).

Desde o seu inicio no curso académico 1990-1991 ata o ano 2012, 2.184 universitarios do SUG beneficiáronse da “bolsa de 2ª lingua”.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza