Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización
Mér, 21/01/2015 - 08:55

Xúntase a Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
  • As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.