Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria

Ven, 14/02/2014 - 08:10

Xúntase a Resolución do 3 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación, convocado pola Orde do 16 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 novembro).

En aplicación do disposto na base décimo sexta da Orde do 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro), pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve facer pública, no anexo a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslados específico convocado pola citada orde.

  • A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos do 1 de setembro de 2014, e o cesamento no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.