Alerta meteorolóxica

Mar, 25/02/2014 - 15:15

A Comisión Escolar de Alertas recomenda precaución polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por nevadas que afectará durante toda a xornada do día 26 de febreiro de 2014 ás zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e de Ourense, con espesores de neve superiores a 10 centímetros.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas aconsella un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro e recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas. No caso de que existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .