Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para impartir docencia de relixión católica e de relixión evanxélica

Lun, 10/02/2014 - 08:25

Xúntase o Anuncio do 27 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e de relixión evanxélica, no nivel de infantil e primaria e no de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería, aberto mediante a Resolución do 28 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro).