O conselleiro de Cultura e Educación asiste a actuación de “Os Bolechas cantan con Lady Vina” en Ourense

A Consellería de Cultura e Educación colabora con esta iniciativa, promovida por Edicións Bolanda, e que tamén esta apoiada pola Televisión de Galicia a Fundación Novacaixagalicia e de Novagalicia Banco

Os monicreques, ideados por Pepe Carreiro, pecharán a xira con representacións en Narón o día 5, en Lugo o 6 e na Coruña o 7

Ven, 03/01/2014 - 19:00
“Os Bolechas cantan con Lady Vina”
“Os Bolechas cantan con Lady Vina”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe pola tarde a representación de Os Bolechas en Ourense. Os monicreques chegaron ao Auditorio Municipal da cidade das Burgas co espectáculo “Os Bolechas cantan con Lady Vina”.

Acompañado pólo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o conselleiro deu conta do espectáculo no que se deron a coñecer as novas cancións do libro- disco “Os Bolechas fan unha banda”, na que os protagonistas queren participar nun fermoso festival da canción pero, ao seren miúdos, téñeno difícil. Para saíren coa súa, Tatá, Carlos, Braulio, Sonia, Pili, Loli e Chispa argallarán un grande espectáculo que inclúe unha manchea das pezas todas elas, orixinais e creadas por dez dos grupos e intérpretes galegos -e en galego- máis coñecidos do momento.  

O repertorio repasa diferentes estilos musicais, que inclúen desde a música máis tradicional de Pandeiromus ata a cumbia de O Sonoro Maxín, pasando polo punk máis divertido de Novedades Carminha, polo rock de Ataque Escampe e Sés, polo reggae de Transilvanians, polo power pop dos The Homens, polo pop pausado de Eladio y los seres queridos, polo pop electrónico de Álex Casanova ou polo rap de Aid.

Con esta actuación Os Bolechas continúan coa xira iniciada o pasado 22 de decembro e que continuará mañá en Narón, o dia 6 en Lugo e o 7 na Coruña. As entradas xa están á venda en www.servinova.com e toda a información ampliada en www.osbolechas.com.

Apoio da Consellería

“Os Bolechas cantan com Lady Vina” foi promovido por Edicións Bolanda e contou co respaldo da Consellería de Cultura e Educación que colaborou a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A iniciativa conta tamén co patrocinio da Televisión de Galicia, da Fundación Novacaixagalicia e de Novagalicia Banco.