A Consellería de Cultura e Educación concede preto de 450 axudas para a realización de estudos universitarios no 2013/2014

A través destas bolsas 151 estudantes recibiran as axudas para as matrículas de inicio e 196 para as de continuación

Ademais preto dun centenar de estudantes recibiran unha contía fixa de 600 euros

Deste xeito a Xunta de Galicia reafirma a súa aposta pola igualdade de oportunidades no acceso aos estudos superiores

Mér, 18/12/2013 - 09:57
A Consellería de Cultura  e Educación concede preto de 450 axudas para a realiza
A Consellería de Cultura e Educación concede preto de 450 axudas para a realización de estudos universitarios no 2013/2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución das axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013-2014 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), das que se beneficiarán 446 estudantes que cumpriron cos requisitos solicitados na convocatoria publicada no DOG e á que se presentaron máis de mil estudantes.

Deste xeito para o curso 2013/2014, outorgará axudas para as matrículas de inicio a 151 alumnas e alumnos que conten cunha nota media superior a cinco e inferior a 5,5 puntos, e que se viron afectados polo cambio no Real Decreto da convocatoria estatal para obter estas axudas. Do mesmo xeito a Consellería tamén concederá axudas a 196 estudantes para a continuación de estudos, que tamén se viron afectados polos cambios estatais.

Contía fixa

Por outra banda a Consellería tamén ven de conceder unha contía fixa de 600 euros a 99 alumnas e alumnos que cumprían cos requisitos e contaban cunha nota media entre 5,5 puntos e 6,49 puntos.

Con esta resolución a Consellería volve a demostrar a súa aposta pola educación e porque esta sexa o máis accesible a todo o alumnado, sen que a súas condicións económicas sexan un impedimento para poder desenvolver os seus estudos.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza