S1301067 Formación avanzada para equipos directivos

O CAFI organiza un curso de Formación avanzada para equipos directivos. O prazo de inscrición remata o 12 de decembro.
Mér, 11/12/2013 - 14:37
FORMACION AVANZADA

S1301067_Formación avanzada para equipos directivos

Curso presencial. Duración: 50 horas

Referencia:S1301067
Centro de formación e recursos:CAFI
Temporalización:2º trimestre,
Data límite de inscrición:12/12/2013
Lugar:Santiago de Compostela
Destinatarios:

Membros de equipos directivos constituídos cunha experiencia mínima dun ano no cargo

Obxectivos:

  • Proporcionarlles aos membros dos equipos directivos estratexias que faciliten o liderado compartido.

  • Desenvolver habilidades necesarias para facilitar o traballo en equipo e as relacións entre as persoas.

  • Formar os equipos directivos para lideraren procesos de mellora.

Contidos:

  • Liderado compartido.

  • Intelixencia emocional e coaching en educación.

  • A calidade como transformación e cambio.