Un total de 116 centros participarán este curso no Proxecto Combas, a nova iniciativa de Cultura e Educación para o impulso da mellora do ensino segundo as necesidades de cada centro

A iniciativa da Consellería enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros

Trátase de un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros a través do plan anual de formación de docentes

Sáb, 07/12/2013 - 10:20
 Un total de 116 centros participarán este curso no Proxecto Combas, a nova inic
Un total de 116 centros participarán este curso no Proxecto Combas, a nova iniciativa de Cultura e Educación para o impulso da mellora do ensino segundo as necesidades de cada centro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución da primeira convocatoria do Proxecto Combas, un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profesorado, na que este curso participarán un total de 116 centros educativos das 4 provincias galegas. A relación de centros participantes pode consultarse no portale educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11243

A través desta iniciativa o departamento educativo da Xunta de Galicia dá un novo impulso aos programas para a mellora da calidade educativa en relación coa formación en competencias básicas en cada centro de ensino, a través da análise das súas necesidades particulares. Trátase dunha nova accións que se enmarca na política da Consellería de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros.

O obxectivo de Combas é apoiar a integración das competencias básicas (CCBB) no currículo na programación que se imparte, a través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante, incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación. Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias, un proxecto piloto que se puxo en marcha no curso 2012/2013.

O proxecto é unha iniciativa máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino.