A aposta da Consellería de Cultura e Educación polas Escolas Oficiais de Idiomas tradúcese nun incremento do 52,5 % dos matriculados coa actual Xunta

No curso 2013/2014 hai 11.983 matriculados máis en ensinanzas regradas que no 2008/2009
Os idiomas que máis incrementaron porcentualmente en número de estudantes foron o alemán, o portugués, o chinés, o xaponés e o inglés
O número de matriculados incrementarase cando se coñezan os datos correspondentes aos cursos de formación do profesorado, CALC, Thant’s English e CELGA, entre outros
Cómpre sinalar que aínda quedan 11.046 prazas a disposición da cidadanía de ensinanzas regradas de idiomas nestes centros
Mér, 16/10/2013 - 15:15
A aposta da Consellería de Cultura e Educación polas Escolas Oficiais de Idiomas
A aposta da Consellería de Cultura e Educación polas Escolas Oficiais de Idiomas tradúcese nun incremento do 52,5 % dos matriculados coa actual Xunta

A aposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria polas Escolas Oficiais de Idiomas como centros onde favorecer que as galegas e galegos adquiran unha boa competencia en linguas estranxeiras vén de ser confirmada pola resposta cidadá, que se traduce nun incremento da matrícula en ensinanzas regradas do 52,5% nos últimos cinco cursos.

Contabilizados os datos provisionais ao peche do período de matriculación nas ensinanzas regradas – rematou onte-, as 11 EEOOII galegas e as súas 28 seccións -9 delas creadas pola actual Xunta- contarán este curso 2013/2014 con 34.814 alumnas e alumnos en ensinanzas regradas, 11.983 máis que no ano académico 2008/2009. Cómpre sinalar que aínda quedan 11.046 prazas a disposición da cidadanía de ensinanzas regradas de idiomas nestes centros

Cómpre sinalar, ademais, que nas vindeiras semanas se coñecerán os datos de matriculación dos cursos específicos ofertados por cada unha das Escolas Oficiais de Idiomas: cursos formación do profesorado (cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa- CALC, e outros), cursos CELGA e de Linguaxe Administrativa Galega, cursos de inglés a distancia That’s English! Polo que o número de galegas e galegos que están a mellorar as súas competencias en linguas nestes centros aínda se verá incrementado.

Respecto do curso anterior, o incremento en ensinanzas regradas é do 7,9 %, con 2.558 estudantes máis, o que foi posible grazas ao incremento de oferta. Neste sentido cómpre lembrar que a oferta en ensinanzas regradas das Escolas Oficiais de Idiomas medrou para este curso en 2.730 prazas máis, o que supón un incremento de preto do 6% respecto do curso anterior, e que implicou que estes centros se dotaran de 13 profesores máis, o que supón un importante esforzo no actual contexto de crise económica. No marco deste incremento cabe salientar a creación dunha nova sección da EOI da Coruña no IES Manuel Murguía, en Arteixo, e tamén a implantación do chinés na EOI de Lugo cunha oferta inicial de 120 prazas para este idioma. Así mesmo, este ano comezaron a impartirse por primeira vez cursos especializados para o perfeccionamento en idiomas de nivel C1 nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, cun total de 200 prazas ofertadas.

Incremento en cinco cursos

Por Escola, o incremento nos últimos cinco cursos e respecto co pasado ano académico os datos son os seguintes:

Respecto dos idiomas que espertan máis o interese do alumnado, cómpre sinalar o alemán e o portugués, que rexistraron un incremento do alumnado desde o curso 2008/2009, así coma o chinés e o xaponés, que tamén seguen incrementando o número de persoas matriculadas. Con todo, un ano máis, as ensinanzas máis demandadas son as de inglés, seguidas do francés, o alemán, o portugués e o italiano. Nos vindeiros días coñeceranse os datos de matriculación por idiomas.