Resolución provisional da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado a implantar en centros públicos docentes para o curso 2013/2014

Mar, 15/10/2013 - 11:55

Xúntase a Comunicación do 15 de outubro de 2013 pola que se fai pública a resolución provisional da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado a implantar en centros públicos docentes para o curso 2013-2014, conforme coa Resolución do 11 de xuño de 2013 (DOG do 19),da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

As listaxes están ordenadas por provincias e, dentro delas, por orde alfabética das localidades onde se atopan os centros participantes na convocatoria.

Segundo o apartado décimo terceiro da citada Resolución, establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións ou renuncias